Camelia xapónica 'Grandiflora Superba'

Camellia japonica 'Grandiflora Superba'

Camelia xapónica 'Grandiflora Superba'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en Francia, probablemente en 1840.

Porte e altura: arbusto denso, de porte erguido e crecemento medio.

Follas: cor verde escura brillante, duns 8 ou 9 cm de longo e de 4,5 a 5 cm de ancho, forma elíptica, coa marxe dentada e co ápice acuminado.

Flores: de 9 a 10 cm de diámetro, semidobre, cuns 30 pétalos brancos, soldados, os externos dispostos en tres liñas, coa marxe lisa e incisa; e os internos redondeados e ondulados. Pode ter 4 ou 5 petaloides pequenos, longos e ondulados. Os estames teñen os filamentos brancos.

Outros datos: o período de floración é temperán e moi longo, con abundantes flores desde outubro ata finais de marzo.

Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.