Camelia xapónica ‘Happy Holidays’

Camellia japonica ‘Happy Holidays’

Camelia japonica ‘Happy Holidays’

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en Nuccio’s Nurseries, California (EUA).

Porte e altura: planta moi densa e compacta de crecemento medio e porte erguido.

Follas: escuras, duns 9 cm de longo e 4,5 cm de ancho, forma elíptica, marxe dentada e ápice apuntado.

Flores: grandes, de 10 cm de diámetro, dobre formal imbricadas, de cor rosa pálida que se aclara cara ao centro da flor, con numerosos pétalos elípticos, coa marxe irregular e incisa en varios puntos.

Outros datos: florece desde xaneiro ata abril.

Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental; o primeiro exemplar floreceu por primeira vez con 12 anos, en 1972.

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma. É adecuada para a formación de sebes.