Limpabotellas (cast. limpiabotellas)

Callistemon sp.

Limpiabotellas

Familia:Myrtaceae  

Arbusto perenne

Orixe: Australia.

Porte e altura: porte arbustivo na maioría das especies, aínda que algunhas acadan un porte arbóreo.

Follas: lanceoladas, coriáceas, alternas e sésiles.

Flores: longos estames, na súa maioría de cor avermellada, dispostos en densas espigas cilíndricas. Moi melíferas. As puntas das espigas florais seguen medrando como brotes frondosos, deixando cápsulas leñosas seminais que pasan a formar parte do arbusto a medida que este medra.
Froito: as espigas florais convértense en froitos sésiles que conteñen as sementes.

Outros datos: as especies de Callistemon hibridan entre si con moita facilidade. Algunhas delas teñen porte pendular e outras posúen unha rechamante cortiza papirácea. Dependendo da variedade, a coloración das flores adquire diversos tons, que van do branco ao vermello, amarelo, malva...

Utilidades e curiosidades: especie moi valorada en xardinería polas súas abundantes e rechamantes floracións.

Necesidades e cultivo: en xeral resisten as xeadas, prefiren estar a pleno sol e solos húmidos e ben drenados. Se se podan tras a floración, evítase a formación de cápsulas seminais, co que se estimulan a frondosidade e novas floracións.