Piñeiro de Calabria

Pinus brutia Ten.

Piñeiro de Calabria

Familia: Pinaceae

Árbore perennifolia

Orixe: Rexión mediterránea

Porte: pode acadar entre os 25 e os 30 m de altura

Follas: aciculares, dispostas en grupos de dous, de 10 a 16 cm de lonxitude e de 1 a 1,5 mm de grosor, de cor verde clara

Froito: piñas, de forma ovado-cónicas, erectas, sen pedúnculo visible, de 6 a 12 cm de lonxitude; dispostas en grupos que permanecen varios anos na árbore

Outros datos: a súa cortiza é escamenta e gretada, de cor gris prata que se volve avermellada cos anos

Utilidades: a súa madeira aprovéitase na industria da carpintería para producir polpa, papel e leña nalgúns países do Mediterráneo oriental. Os seus piñóns poden usarse en repostería. Emprégase en repoboacións forestais. Entre 1930 e 1970 a especie foi amplamente plantada en zonas costeiras do Mediterráneo para protexer o solo e como cortaventos

Necesidades: especie de rápido crecemento, resistente; crece ben en diversos tipos de solos, ata os salinos, e na maioría dos bioclimas da rexión mediterránea. Tolera a seca. Recoméndase cultivala a pleno sol