Sangomiño florido

Cornus florida L.

Sangomiño florido

Familia: Cornaceae

Arbusto arbóreo caducifolio

Floración na primavera

Coloración outonal

Orixe: nativo do leste dos Estados Unidos.

Porte e altura: pode alcanzar entre 10 e 14 m de altura; a súa copa é ampla e redondeada.

Follas: opostas, ovaladas, de entre 7,5 e 15 cm de lonxitude. Teñen o limbo de cor verde escura na parte superior e clara e glauca-tomentosa no envés.

Flores: pequenas e agrúpanse en umbelas redondeadas moi densas. Están rodeadas por 4 brácteas de gran tamaño que parecen pétalos de cor branca, aínda que esta cambia segundo a variedade.

Froito: carnoso, de cor vermella brillante; agrúpase en acios de 2 a 10 drupas.

Utilidades e curiosidades: especie de interese ornamental pola beleza das súas flores, de diferentes coloracións dependendo da variedade. A floración, moi abundante, prodúcese antes de que aparezan as follas. A súa madeira dura e pesada emprégase en torneado e para crear mangos de ferramentas.