#CULTURA

Compartir é Vivir / Sharing is Living

Identidade e Convivencia

Exposición colectiva internacional itinerante (2022-2026)

Sala Maruja Mallo, sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Do 16 de febreiro ao 27 de marzo de 2026

Horario de visita: de luns a venres, de 9.00 a 20.30 h

Inauguración: o luns 16 de febreiro, ás 19.00 h

Espectáculo de clausura da exposición

Sala Maruja Mallo da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Venres 27 de marzo, ás 19:30 horas


“Compartir é Vivir” acolle unha mensaxe de esperanza: a aspiración humana da convivencia en paz.

“Compartir é Vivir” renega da violencia, proponnos o afecto e a non agresión, e formula a reivindicación dun futuro compartido.

O proxecto “Compartir é Vivir” materialízase a través de obras de creación realizadas por quince artistas de seis países (Brasil, Colombia, España, Estados Unidos, Guatemala e México) para xerar unha reflexión acerca da identidade, da desigualdade, da violencia e da convivencia.

A arte é unha arma moi poderosa de transformación do eu e do humano, e ten o poder de mellorar o mundo.

Creación, colaboración, reivindicación, transformación.
Todas as obras que artellan a proposta “Compartir é Vivir” están concibidas desde unha consciencia crítica e un posicionamento feminista.

Non queremos silencios.

Non desexamos violencias.

Aspiramos ao respecto da dignidade humana.

 

SOMOS mulleres e ESTAMOS aquí
Yolanda Herranz Pascual

Serie: “Somos e Estamos”

Proxecto: “Mulleres”

Recitación de 1.380 termos coa colaboración de dez participantes (artistas, comisariado da exposición, estudantes de Belas Artes e membros do grupo de investigación ES2)

Duración: 40 minutos, aprox.

Exposición: “Compartir é Vivir/Sharing is Living. Identidade e Convivencia”

Artistas participantes:

Guerrilla Girls (Estados Unidos)

Yolanda Herranz (España)

Regina José Galindo (Guatemala)

Celeste Garrido (España)

Beth Moysés (Brasil)

Mau Monleón (España)

Elina Chauvet (México)

Mar Caldas (España)

Bia Santos (Brasil)

Nela (Manola Roig) (España)

Lorena Wolffer (México)

Samuel Gallastegui (España)

Patricia Glauser (Colombia)

Alissia (M.ª Penalva-Leal) (España)

Lilian Amaral (Brasil)