#LINGUA
Exposición “Rosalía ilustrada”
Vigo: Sala Rosalía de Castro da Sede da Deputación (do 5 de maio ao 12 de xuño)
Inauguración: martes 5 de maio, ás 12:30 h
Horario: de luns a venres, de 9:00 a 20:30 h
Pontevedra: vestíbulo do Pazo provincial (do 16 de xuño ao 15 de xullo)
O impacto de Rosalía de Castro hai tempo que traspasou os límites da literatura para converterse nun auténtico símbolo de Galicia. A súa influencia chegou a moitas outras artes, coma a música—é a escritora máis musicada—, a plástica e o mundo gráfico, onde deixou unha fonda pegada, tanto na arte coma no deseño.
Para esta exposición pedímoslles a 34 destacados artistas de Galicia que interpretasen graficamente un texto de Rosalía, e nela amosamos a resposta obtida en forma de 35 ilustracións asinadas por elas e eles.
Ilustradoras e ilustradores:
Luís Davila (O Bichero), Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Bea Lema, Andrea de Toba, Elga Lamas, Carlos Arrojo, Iria Ribadomar, Manel Cráneo, Bea Gregores, Álvaro de la Vega, Leandro Lamas, comisariados por Xosé Cobas, Fran Jaraba, Nacho Hortas, Fausto. Suso Cubeiro, María Fe Quesada, Manuel Uhía, Pepe Carreiro, Xan López Domínguez, Fausto, Norberto Fernández, Fran Bueno, Jacobo Fernández, Andrés Meixide, Kiko da Silva, Pablo Otero Peixe, Primitivo Marcos, Miguel Robledo, Fernando Iglesias, Federico Fernández Alonso, Óscar Villán, Fino Lorenzo e Raquel González.