Marta Fernández-Tapias asistiu á entrega de trofeos das categorías sub-11 e sub-13 da Copa Ibérica de Squash

07/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde á entrega de trofeos das categorías sub-11 e sub-13 da Copa Ibérica de Squash. Na competición, que tivo lugar no Estadio de Balaídos, en Vigo, déronse cita preto de sesenta deportistas de Galicia e Portugal. O Club Cíes Squash recibiu unha achega da institución provincial no marco da liña de axudas destinada ás entidades deportivas para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas na provincia