#LINGUA

Letras Galegas 2023

Fernández del Riego

As Letras Galegas están dedicadas este 2023 ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, unha das grandes figuras da resistencia e a revitalización cultural do galeguismo despois da guerra civil, creador de moitas iniciativas para poñer en valor a lingua e a identidade do país durante toda a súa vida: Un militante vital da nosa lingua.


Sendo estudante na USC avogou xa pola galeguización da universidade e a cooficialidade dos idiomas galego e castelán. En 1949 publicou o seu primeiro libro, coordinou as emisións en lingua galega da BBC de Londres e comezou a colaborar no xornal compostelán La Noche, pechado en 1950 despois dun número dedicado á memoria de Castelao.

Pouco despois, xunto a outras persoas, decidiu constituír unha sociedade anónima denominada Galaxia SA. Desempeñou un papel clave na vinculación entre o universo do exilio franquista e a Galiza do interior, e en 1960 foi nomeado membro numerario da RAG (da que era membro correspondente dende 1948 e presidiría entre 1997 e 2001). Xunto a Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, presentou unha das iniciativas máis destacadas da institución: a celebración do Día das Letras Galegas.

As Letras Galegas de 2023, nas que se cumpre o 60 aniversario da conmemoración, deben ser unha importante homenaxe ao seu inventor. Dende o Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra vanse celebrar diversas iniciativas:

  • ‘Del Riego, militancia pola lingua’

Sábado 13 de maio. 11.30 horas. Pazo Provincial. Pontevedra

Acto aberto ao público (inscrición en lingua@depo.gal)

  • Palestra da man da editorial Galaxia, na que a docente e escritora Malores Villanueva, quen pasou días e días ao carón de Del Riego para facer a súa tese doutoral, fará un percorrido pola súa vida e obra.
  • ‘Showcooking’ e petisco dedicado a Del Riego, cualificado por Otero Pedrayo como ‘pontífice do manxar’, a cargo do cociñeiro Rubén González (El Cafetín), quen fará unha proposta gastronómica cos produtos favoritos do autor.
  • Reparto dun facsímil do artigo que un novísimo Del Riego –estudante de Dereito- escribiu no xornal ‘A Nosa Terra’ en 1932 co título ‘Fiestra sobor da lingua galega’.
  • ‘Un optimista radical’

Luns 22 de maio. 12 horas. Pazo Provincial. Pontevedra

Para ensino secundario

Performance de Serafín Marcos que fai un percorrido ameno, didáctico e participativo pola vida e obra de Del Riego, descubrindo a un incansable loitador pola cultura galega partindo do seu epistolario con Carvalho Calero no cárcere de Xaén.

  • ‘Un día para as letras’

Do 15 de maio ao 31 de xullo. Concellos da provincia

Contacontos para divulgar entre a rapazada a biografía de Del Riego a cargo de ‘Polo Correo do Vento’.

Prazo de solicitude para os concellos interesados abrirase o 8 de maio (8:00 horas) a través da sede electrónica provincial.

  • ‘O camiño andado das letras’

Proxecto para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas cun percorrido polas 60 persoas autoras ás que se lle dedicou historicamente a data máis importante da literatura galega. 

A web e as redes da Deputación foron publicando unha ficha diaria con información sobre as persoas escritoras máis relevantes do país, e todo o material está recollido nunha publicación física que se distribuirá entre os centros de ensino e bibliotecas da provincia.

O proxecto lanzouse facendo coincidir as entregas entre dúas datas sinaladas relacionadas coa escritora galega máis universal, Rosalía de Castro: a primeira ficha subiuse na data do seu aniversario o 23 de febreiro, e a última farao o 17 de maio, día no que se celebra a chegada á imprenta de Juan Compañel da súa obra ‘Cantares gallegos’.

O CAMIÑO ANDADO DAS LETRAS

  • Compra e distribución de títulos

Diferentes obras realizados sobre Francisco  Fernández del Riego serán distribuídos pola Deputación entre as bibliotecas municipais e puntos de lectura, co fin de ampliar a dispoñibilidade da bibliografía de Del Riego a disposición de toda a cidadanía.

Noticias relacionadas

 
		Fernández del Riego e a mocidade: unha alianza para manter viva a identidade da cultura e a lingua galega

Fernández del Riego e a mocidade: unha alianza para manter viva a identidade da cultura e a lingua galega

O Pazo Provincial acolleu o espectáculo teatral ‘Un optimista radical’ ao que asistiu alumnado dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio e dos IES Frei Martín Sarmiento e Valle Inclán

 
		“Fernández del Riego teimou por facer unha Galicia máis culta e libre”

“Fernández del Riego teimou por facer unha Galicia máis culta e libre”

A Deputación celebrou hoxe o seu acto central das Letras Galegas en homenaxe a Don Paco cunha palestra de Malores Villanueva e un espectáculo de cociña en vivo do chef Rubén González

 
		A Deputación celebra mañá o seu acto central para celebrar as Letras Galegas en homenaxe a del Riego

A Deputación celebra mañá o seu acto central para celebrar as Letras Galegas en homenaxe a del Riego

O evento, para o que as prazas están esgotadas, incluirá unha palestra a cargo de Malores Villanueva e un espectáculo de cociña en vivo do chef Rubén González  

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.