- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Valencia, 1967
É xornalista, analista audiovisual e experta en comunicación. Traballou en prensa escrita e en televisión durante moitos anos e desde 2012 leva a sección de televisión en La ventana, na Cadena SER. Durante o verán dirixe e conduce o programa ¿Y tú qué miras? na mesma cadea.
Escribe sobre asuntos televisivos e os seus derivados en diversos medios, coma o Huffington Post, onde conta tamén cunha sección semanal de entrevistas sobre gustos audiovisuais con personaxes de diferentes disciplinas. Colabora desde hai anos en diversas publicacións coma "S Moda", de El País, onde adoita mostrar o seu punto de vista sobre temas relacionados co feminismo, coa cultura pop e co audiovisual.
Dirixe e conduce desde hai anos o foro cultural Conversatorio, onde realiza encontros culturais, mesas redondas e presentacións audiovisuais e literarias en distintas cidades. Nese ámbito, é conferenciante habitual en festivais, entidades culturais e universidades.
En 2003 publicou o seu primeiro libro, ¡Mírame tonto!, onde contaba as tripas da mala televisión mediante a súa experiencia persoal como responsable de diferentes formatos. O seu novo libro é Mejor que nunca. Felices, imbatibles y pioneras.
Twitter: @mariolacubells
Instagram: @mariola.cubells
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo