O deputado provincial José López Campos presenta a 35.ª Feira do Moble de Galicia

13/09/2023

35.ª Feira do Moble de Galicia
35.ª Feira do Moble de Galicia

 

O deputado provincial e alcalde da Estrada, José López Campos, acaba de participar na presentación da 35ª Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 14 ao 17 de setembro no Recinto Feiral da vila e no que se darán cita a medio centenar de expositores. O certame, organizado pola Fundación de Exposicións e Congresos, de cuxo comité executivo é presidente López Campos, é un amplo escaparate de exposición e comercialización de mobles, complementos, artigos de decoración e outros útiles e prestacións para o equipamento do fogar. No acto, López Campos estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera; o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios, José Luis Terceiro; a representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso; e o vicepresidente da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada, César Barbosa.