A vicepresidenta primeira asistiu ao Torneo Francisco Amoedo Cidade de Vigo

07/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde, no frontón do Complexo Deportivo das Travesas, ao Torneo Francisco Amoedo Cidade de Vigo organizado pola Federación Galega de Boxeo. No encontro, ao que asistiron os mellores boxeadores do panorama galego, disputouse o Cinto Galego Neoprofesional e mais outros tres combates neoprofesionais e seis para aficionados. A representante provincial e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, estiveron acompañados por Francisco Amoedo e Manolo Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo.