Cinco entidades da contorna de Pontevedra reciben máis de 11.000 euros da Deputación para realizar actividades turísticas

Beneficiaranse entidades de Marín, Poio e Pontevedra. Mediante as axudas, entre outras cuestións, sufragarán gastos para poñer en marcha un curso sobre biodiversidade no sector turístico, unha exposición itinerante sobre o Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela e actividades deportivas

01/11/2023

Cinco entidades da comarca de Pontevedra recibirán máis de 11.000 euros no marco das axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra para realizar actividades turísticas durante o ano 2023. As axudas, que foron aprobadas na última Xunta de Goberno da institución provincial, teñen por obxectivo colaborar na promoción do destino Rías Baixas e estimular a competitividade, a calidade, a accesibilidade e a sostibilidade do sector turístico.

No caso concreto de Pontevedra, a Asociación Cultural Amigos do Camiño Portugués beneficiarase desta liña de axudas para a exposición itinerante “Camiños: o doce no Camiño Portugués de Santiago”. Tamén a Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural recibiu axudas da Deputación para o curso de biodiversidade, patrimonio inmaterial e emprego no sector turístico de Pontevedra. Finalmente, a Asociación Sociocultural Deportiva Ocra Galicia obtívoas para a X One Race 2023. Pola súa banda, IMUA Paddle Surf Club Aguete, de Marín, recibiu achegas no marco desta liña de subvencións da institución provincial para actividades na praia de Aguete, mentres que A Rosa dos Ventos, de Poio, para a XII Concentración Moteira A Rosa dos Ventos.

Este ano a institución provincial aprobou destinar axudas a corenta entidades do conxunto da provincia por valor de 100.000 euros, no marco dun novo impulso do Goberno provincial para fortalecer o sector turístico da provincia.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.