Rafa Domínguez participa no almorzo organizado por Foro Empresa

15/12/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no almorzo organizado por Foro Empresa, no que o socio responsable de PwC Tax & Legal en Galicia, Manuel Ángel Bouzas Fernández, impartiu a conferencia “Peche fiscal do ano 2023. Como optimizar a factura fiscal das empresas e minimizar riscos en caso de inspeccións de Facenda”. A xornada, con quenda de diálogo aberto e preguntas das persoas asistentes, foi presentada por Eduardo Barros, vicepresidente de Foro Empresa Pontevedra.