A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, participa na inauguración das xornadas Videoxogo e Literatura. Unha Mirada Transversal

28/09/2023

APERTURA XORNADAS VIDEOXOGO E LITERATURA

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na apertura das quintas xornadas “Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”, que promove a Fundación Carlos Casares e que se celebran ata o vindeiro sábado 30 no Museo Marco de Vigo. Na súa intervención, Fernández-Tapias salientou a programación do ciclo, “que vai ser unha fonte de inspiración para todos nós” e que reúne a figuras de primeira liña para abordar “como se retroalimentan” ambos sectores e os seus desafíos máis inmediatos.

“Ao longo de tres días –subliñou- escoitaremos a artistas, escritores, creadores de contidos, actores, profesores universitarios, deseñadores ou emprendedores aportar todo o seu coñecemento que, sen dúbida, nos vai achegar dun xeito transversal a un mundo co que aínda gran parte da sociedade non está familiarizada”. A vicepresidenta destacou o apoio da institución provincial a estas xornadas, “xa consolidadadas na oferta cultural de Vigo”, e remarcou o firme compromiso da Deputación de Pontevedra coa cultura e con todas as súas man