Areeiro insta a continuar coa vixilancia do mildio ainda que non é necesario tratamento

A EFA tamén alerta de que están a agromar as camelias e recomenda o control do ácaro causante da caída do seu botón floral

04/04/2022

Vista parcial estado brotación en Lourizan-Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro advertiu nun aviso fitosanitario que é preciso manter a vixilancia do mildio nas vides, aínda que suxire non comezar a aplicar o tratamento. Sen embargo para o centro dependente da Deputación é preciso iniciar o tratamento contra a “Cosecatus camelliae”, o ácaro causante da caída do botón floral das camelias.

Segundo o informe de Areeiro, os gromos das vides están moi contidos e o anuncio de temperaturas anormalmente baixas para estes días tampouco favorecerán o desenvolvemento das plantas. Amais, as condicións climatolóxicas non son favorables ao crecemento do mildio polo que para a EFA, de momento, é necesario continuar coa vixilancia do fungo aínda que non aconsella comezar a tratar as vides.

Sen embargo, o persoal técnico do centro dependente da Deputación advirte de que as camelias están comezando a agromar polo que é o primeiro momento do ano no que convén aplicar un tratamento fronte ao “Cosecatus camelliae”, o ácaro causante da caída do botón floral desta especie.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.