O goberno da Deputación de Pontevedra constitúe as dez comisións informativas que terá durante o presente mandato

O número de comisións é o mesmo que o do mandato anterior, os cambios están nos nomes e contidos das mesmas que foron adaptados para adecualos aos obxectivos e principios do novo goberno

08/09/2023

Rolda de prense

O goberno da Deputación segue avanzando nestas primeiras semanas de mandato. Este venres constituíronse as dez comisións informativas, que se manterán vixentes durante os próximos catro anos.

Ao igual que no mandato anterior, o número de comisións informativas seguirán sendo dez. As diferenzas están no nome e no contido das mesmas, que foron adaptadas para “adecualas aos obxectivos e principios do novo goberno”, explicou este venres o presidente Luis López. .

Deste xeito, as comisións informativas deste mandato serán as de:

  • Transparencia, Réxime Interior e Facenda, presidida por Jesús Vázquez Almuiña
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais, presidida por José López
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente, presidida por Javier Tourís
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico, presidida por Sandra Bastos
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Adminitrativa e Axenda Dixital, presidida por María Ramallo
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico, presidida por Marta Fernández-Tapias
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable, presidida Marta Fernández-Tapias
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade, presidida por Isabel Couselo
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para Emprego, presidida por Rafa Domínguez
  • Comisión Especial de Contas, presidida por Alejandro Lorenzo

Cómpre recordar que a comisión especial de Contas é obrigatoria por lei para todos os gobernos.

audios