Luis López e o deputado Javier Tourís asistiron á presentación dos actos de conmemoración do 10º aniversario da saída da Volta Ciclista a España desde a batea situada no porto de Vilanova

04/08/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o deputado provincial Javier Tourís asistiron esta tarde na Estación Marítima de Vilanova á presentación dos actos de conmemoración do décimo aniversario da saída da 1ª Etapa da Volta Ciclista a España desde a batea situada no porto de Vilanova, que se celebrarán o próximo 26 de agosto. O presidente da Deputación lembrou que este fito foi seguido por millóns de persoas de máis de 150 países de todo o mundo, e puxo en valor esta saída que segue a ser lembrada como unha das máis impactantes da historia da proba, que conseguiu permanecer na memoria de todas as persoas amantes do ciclismo. Luis López asegurou que a saída da Volta Ciclista a España en Vilanova permitiu amosar a relación da provincia co mar e enxalzar as xentes que viven del.