A Deputación reúnese coa asociación Arousa Moza no primeiro dunha serie de encontros do goberno provincial con colectivos xuvenís

22/09/2023

DEPUTACIÓN REÚNESE ASOCIACIÓN AROUSA MOZA

O deputado de Xuventude, Reto Demográfico e Desenvolvemento Rural da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo este venres unha reunión coa directiva da asociación Arousa Moza, nunha serie de encontros con colectivos xuvenís da provincia que ten previsto manter ao longo das próximas semanas co obxectivo de recuperar o diálogo con estas agrupacións.

Na entrevista, Cubela amosou a predisposición do goberno provincial de escoitar as demandas da mocidade e remarcou que as súas propostas e iniciativas terán importancia no presente mandato.