Día da Galiza mártir en Poio

18/08/2023

Actos institucionais do Concello de Poio con motivo do Día da Galiza Mártir en homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres, o histórico galeguista Alexandre Bóveda. Os actos tiveron lugar no monumento a Bóveda situado na Caeira. Neles, o vicepresidente e responsable da área de Memoria Histórica da institución provincial participou na ofrenda floral ao galeguista, que foi condenado a morte por un delito de “traizón” en 1936.