O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu ao Xantar da 3ª Idade organizado polo Concello da Lama

04/08/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu na Carballeira das Ermidas da Lama ao Xantar da 3ª Idade organizado polo Concello da Lama. Durante o encontro o presidente puxo en valor a confraternidade e a recuperación do contacto persoal tras os anos vividos coa pandemia da COVID-19 e tamén por mor das numerosas persoas que viven na emigración e retornan á Lama durante o verán.