A Deputación failles entrega a 18 concellos de diferentes obras de mellora, cun investimento próximo aos tres millóns de euros

As actuacións, que se realizaron en edificios municipais da Cañiza, Cangas, Portas, Redondela, Tomiño e Vilaboa, contaban con financiamento do fondo FEDER 2014-2020

24/11/2023

A Deputación de Pontevedra fíxolles entrega a 18 concellos da provincia de varias obras pertencentes a catro proxectos que contaron cun orzamento total próximo aos 3 millóns de euros, dos que o 80 % estaba financiados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) a través do fondo FEDER 2014–2020. Segundo informou o presidente do Goberno, Luis López, en conferencia de prensa, as obras leváronse a cabo na Cañiza, A Guarda, Agolada, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Crecente, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Ponteareas e Pontecesures.

Por unha banda, trátase de obras de mellora de eficiencia enerxética en instalacións de depuración de auga de oito concellos, que contaban cun orzamento de 709.000 euros. Máis polo miúdo, foron 105.870 euros para as actuacións realizadas no concello da Cañiza, 71.969 euros para Barro, 57.776 euros para Marín, 86.864 euros para Meis, 85.094 para O Grove, 140.699 para Nigrán, 80.925 para Ponteareas e 79.991 para Pontecesures.

Por outra banda, renováronse instalacións de alumeado exterior en 14 concellos a través de tres proxectos que tiñan un orzamento conxunto próximo aos 2,1 millóns de euros. En concreto, na Guarda o orzamento das obras foi de 36.859 euros, en Agolada de 150.878 euros, en Baiona de 145.508 euros, en Barro de 144.661 euros, en Bueu de 126.222 euros, en Caldas de Reis de 172.755 euros, en Cambados de 196.325 euros, en Crecente de 141.328 euros, en Forcarei de 147.840 euros, en Marín de 162.637 euros, en Meaño de 160.463 euros, en Meis de 154.868 euros, en Mondariz-Balneario de 117.023 e no Grove de 216.129 euros.