Festa da Solidariedade de Proxecto Home Galicia

09/09/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á Festa da Solidariedade de Proxecto Home Galicia que puxo o broche ás celebracións do 30 aniversario da presenza da entidade en Vigo. Fernández-Tapias, que realizou un percorrido polas instalacións da asociación na cidade, puxo en valor o labor desenvolvido por Proxecto Home para toda a provincia nestas tres décadas para axudar á rehabilitación e reinserción das persoas con adiccións. A vicepresidenta destacou “a implicación do persoal, con profesionalidade e garantía”, así como “a colaboración do voluntariado, que tende a súa man sen esperar nada a cambio”. Uns e outros, asegurou, son “exemplo vivo de que, como di o voso lema, sodes unha porta aberta á esperanza”. A vicepresidenta provincial garantiu o apoio da Deputación a Proxecto Home, que conta con financiamento para un programa integral de atención a consumidores de psicoestimulantes do que se benefician 70 usuarios da provincia.

Galerias de imaxes