XVII Festa do Tinto Rías Baixas do Concello das Neves

25/07/2023

O deputado provincial Roberto Carrero asistiu á XVII Festa do Tinto Rías Baixas no Concello das Neves. Durante a xornada o deputado participou na lectura do pregón da festa a cargo de Juan Gil de Araújo, presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, e tomou parte no xantar popular no que, ademais do alcalde da vila José Manuel Alfonso González e de membros da Corporación municipal, déronse cita numerosos veciños das Neves e integrantes das confrarías.