XXIII Festa do Xurelo de Cabral

02/09/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, compartiu hoxe xornada gastronómica cos veciños do barrio vigués de Cabral na XXIII Festa do Xurelo, que xa se ten convertido nunha das citas más consolidadas do calendario estival vigués. Fernández-Tapias aproveitou a ocasión para enxalzar o traballo e o bo facer da Asociación de Veciños Feira de Cabral, por “manter vivas e divulgar as costumes que sustentan a identidade cultural da cidade nesta tradición que nos leva a xuntarnos arredor da mesa e compartir bos momentos coas persoas que queremos”.