Inauguración da décima edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store

29/09/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Praza de España de Pontevedra á inauguración da décima edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store, promovido pola Universidade de Vigo e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Durante a súa intervención, Domínguez destacou que “vivimos nunha provincia que desborda talento e creatividade e este evento é o escaparate perfecto para a xeración emprendedora”. Ademais, o vicepresidente asegurou que o apoio á cultura do emprendemento, “que é impulsar a economía e é xerar oportunidades para a nosa veciñanza”, será “unha das prioridades deste novo goberno provincial”.

Galerias de imaxes