A vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias, participa no acto de inauguración da IV Semana Azul en Vigo

14/09/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación da nova edición da Semana Azul, promovida pola Asociación Clúster Náutico Ría de Vigo e que se desenvolverá entre o 30 de setembro e o 8 de outubro, cunha proposta multidisciplinar de actividades deportivas, culturais e recreativas dirixidas a todos os públicos. Na súa intervención, Fernández-Tapias subliñou que esta aposta do Clúster “exemplifica á perfección o que buscamos desde a Deputación para a promoción turística e desenvolvemento desta provincia a través do deporte e da cultura, neste caso con base nas actividades náuticas” e incidiu no compromiso da institución provincial co deporte, “un dos grandes obxectivos deste mandato”. Ademais destacou que as distintas propostas da Semana Azul, cunha programación que “implica a toda a sociedade”, achegarán a participantes e público “a nosa riqueza patrimonial e cultural vinculada ao mar, que se está a por en valor a través do deporte”.

Galerias de imaxes