Isabel Couselo participou no faladoiro centrado na figura da mestra Ernestina Otero ao abeiro do programa “Aquí faltan páxinas"

10/08/2023

A deputada provincial Isabel Couselo participou no faladoiro celebrado na Alameda Castelao de Redondela e centrado na figura da mestra Ernestina Otero ao abeiro do programa da Deputación “Aquí faltan páxinas”. A charla estivo presentada por Marián Fernández, de O Cable Inglés, firma coa que a institución provincial desenvolve este programa dedicado a recuperar a historia de mulleres galegas pioneiras nos seus ámbitos, e foi impartida por Manuel Puga Pereira, autor dunha biografía sobre Otero e cunha dilatada traxectoria no mundo farmacéutico e da cultura, e pola xornalista Montse Fajardo.

Na súa intervención, Couselo subliñou a figura de Ernestina Otero, que “traballou apaixonadamente para renovar e mellorar a calidade do ensino e para estendelo a unha maior porcentaxe de poboación, especialmente entre as mulleres”. A deputada, ademais, lembrou o compromiso do novo goberno da Deputación para seguir dando pasos a prol da Igualdade.  A historia da mestra está xa dispoñible na nova entrega do podcast mensual “Aquí faltan páxinas”, nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial, onde tamén pode consultarse un roteiro virtual que inclúe os lugares da provincia claves na súa biografía.

 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.