LIV Festa do Carneiro ao espeto en Moraña

30/07/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta provincial Marta Fernández-Tapias acudiron este domingo á LIV Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde e a tenente de alcalde de Moraña, José Luis Gómez e María Luisa Piñeiro, e outras autoridades da Xunta, do Goberno local e da Delegación da Xunta en Pontevedra.

A f​esta, declarada de Interese Turístico Galego, é un dos grandes referentes das celebracións gastronómicas da provincia e puxo nesta xornada o broche de ouro a preto dun mes de celebración coa tradicional Gran Degustación do Carneiro ao Espeto na Carballeira de Santa Lucía, á que asistiron máis de 3.000 persoas.​