A Deputación decreta tres días de loito oficial polo incendio nun edificio en Vigo

As bandeiras do Pazo provincial, do Edificio Administrativo e da Sede de Vigo ondean xa a media hasta

11/10/2023

Loito oficial

A Deputación de Pontevedra decreta tres días de loito polo incendio acontecido esta madrugada nun edificio de vivendas na cidade de Vigo no que perderon a vida catro persoas, unha nai e tres dos seus fillos, e dous membros máis da unidade familiar están feridos de gravidade. A Deputación de Pontevedra comparte a dor de toda a familia e a cidadanía viguesa por este suceso. Así, desde esta mañá e durante os tres próximos días as bandeiras do Pazo provincial, do Edificio Administrativo e da Sede de Vigo ondean xa a media hasta. O presidente, Luis López, desexa trasladarlles “as condolencias da Corporación e o noso agarimo ás familias, aos seus seres queridos e a todas as persoas afectadas por este suceso”.