Luis López asiste á procesión do Santísimo Cristo da Agonía no Porriño

24/09/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu esta mañá de domingo na tradicional misa e procesión do Santísimo Cristo da Agonía que se celebrou no Concello de O Porriño. O dirixente provincial acompañou o alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo, e compartiu momentos coa veciñanza porriñesa durante a celebración deste tradicional festexo polas rúas da vila.