Luis López destaca o labor a prol do turismo, da cultura e da igualdade das aspirantes aos Premios Emilia Pardo Bazán

14/12/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor a prol do turismo, da cultura e da igualdade que realizan as participantes da segunda edición dos Premios Emilia Pardo Bazán, que se entregaron esta tarde de xoves no Teatro Afundación de Vigo. O mandatario provincial foi o encargado de clausurar o acto, ao que acudiu acompañado pola vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, e polo deputado Javier Tourís.

“As participantes e as premiadas desta gala son un anticipo dese futuro esperanzador da nosa provincia. Elas e os seus proxectos simbolizan non só o talento que aniña no noso tecido social, senón tamén o que pode xurdir se o cultivamos e o impulsamos”, asegurou o presidente, quen tamén agradeceu o labor de todas as nominadas e reiterou o apoio da Deputación á loita pola igualdade plena entre mulleres e homes.

Galerias de imaxes