Luis López aborda o programa de actividades da Fundación Rosalía de Castro, nun encontro co seu presidente, Anxo Angueira

04/12/2023

Luis López reuniuse con Anxo Angueira, presidenta da Fundación Rosalía de Castro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reuniuse este luns no seu despacho do Pazo provincial co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, co obxectivo de coñecer o programa de actividades que esta entidade ten en marcha para o vindeiro ano e explorar as posibles vías de colaboración entre ambas as institucións. O labor desta fundación céntrase en fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía, así como a conservar a Casa-Museo de Rosalía en Padrón e a celebrar actos de conmemoración das datas rosalianas, o 24 de febreiro e o 15 de xullo.

Este encontro é un novo exemplo do compromiso da Deputación para estreitar os lazos co tecido asociativo e cultural da provincia de Pontevedra.