Luis López eloxia o labor de Protección Civil nunha recepción a Javier Abal, presidente do colectivo de voluntarios

04/12/2023

Luis López reuniuse con Javier Abal, presidente da Asociación Provincial da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reuniuse este luns no seu despacho do Pazo provincial con Javier Abal, presidente da Asociación Provincial da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e con outros membros da Xunta Directiva, nun encontro no que o mandatario provincial coñeceu de primeira man o importante labor que presta este colectivo a diario, así como as súas necesidades.

O responsable do Goberno provincial recoñeceu o mérito que teñen todas as voluntarias e voluntarios que colaboran co servizo de Protección Civil no que dedican boa parte do seu tempo a axudar na xestión de emerxencias ou na organización de eventos culturais e deportivos que se celebran na provincia de Pontevedra.