Luis López sinala o enoturismo como unha das apostas da Deputación nun encontro con Xoán Cannas, presidente do Instituto Galego do Viño

13/12/2023

O presidente, Luis López, e a deputada de Turismo, Nava Castro, e o presidente do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a deputada responsable da área de Turismo, Nava Castro, mantiveron un encontro de traballo co presidente do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, para coñecer os proxectos nos que está a traballar esta entidade e explorar posibles vías de cooperación institucional.

A reunión forma parte da estratexia que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver para potenciar o Destino Rías Baixas, no que a aposta por combinar enoloxía, gastronomía e turismo xogará un papel fundamental na redacción do Plan estratéxico de turismo que o Goberno provincial xa ten en marcha