Luis López téndelle a man da Deputación ao tecido económico do interior na tradicional xuntanza da Asociación de Empresarios de Deza

O presidente provincial participou este sábado na tradicional xuntanza que organiza cada ano o colectivo AEDeza para premiar os mellores proxectos e repasar a actualidade económica da comarca

18/11/2023

Luis López, na Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios do Deza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou este sábado o apoio do organismo que lle dirixe ao colectivo de empresarias e empresarios do interior da provincia durante a súa participación na tradicional xuntanza que organiza cada ano a Asociación de Empresarios de Deza (AEDeza). “Este colectivo é o espello da fortaleza, tenacidade e resiliencia do tecido empresarial da comarca de Deza. As vosas empresas son o motor económico que fai avanzar esta comarca; unha vocación que a Deputación comparte e na que ides atopar un socio estratéxico e leal”, afirmou o mandatario provincial.

Despois de agradecer a invitación e felicitar as e os integrantes do colectivo polo traballo que realizan, Luis López repasou as medidas postas en marcha pola Deputación que redundarán no apoio ao tecido produtivo e empresarial da comarca e do conxunto da provincia. Neste sentido, o presidente recordou a aprobación do orzamento máis alto da historia da entidade provincial (189,2 millóns de euros), o carácter municipalista das contas, que terá un efecto directo na economía local, o Plan +Provincia para desenvolver proxectos nos concellos da provincia, o Plan extraordinario de infraestruturas deportivas, dotado con 4 millóns de euros, o Plan Provincia Comunitaria, con 2 millóns de euros, para apoiar o labor do tecido asociativo da provincia, os 1,2 millóns de euros para afrontar o reto demográfico, así como o amplo número de convenios asinados cos concellos da provincia ou o avance en materias coma a dixitalización, a sostibilidade ou a mellora dos espazos urbanos.

Luis López compartiu un xantar con preto de 150 membros do colectivo AEDeza, aos que lles amosou o compromiso inquebrantable de Deputación para “tender pontes” entre a Administración e o sector privado para facer “unha provincia máis competitiva e que vai a máis”.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.