Marta Fernández-Tapias asistiu á XI carreira solidaria Eu Móvome pola Esclerose Múltiple

29/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á XI carreira solidaria Eu Móvome pola Esclerose Múltiple organizada por AVEMPO. A vicepresidenta primeira agradeceulle á asociación “o seu gran labor para acompañar as persoas que padecen esclerose múltiple” e a toda a veciñanza da cidade e da provincia “que acudiron a esta chamada. Esta cidade nunca queda atrás á hora de demostrar a súa solidariedade”.

Fernández-Tapias lembrou que os beneficios sufragarán os servizos que presta a entidade, “moi necesarios para que as e os pacientes poidan facerlle fronte á súa convivencia diaria con esta doenza”. Por iso, asegurou a vicepresidenta primeira da Deputación, “síntome moi orgullosa da nosa xente, que se dedica en corpo e alma a axudar e que coa súa participación nesta carreira insufla de vida a entidade para que poida seguir desenvolvendo a súa actividade”.