Marta Fernández-Tapias asistiu hoxe á XXV Festa dos Callos de Beade

08/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á XXV Festa dos Callos de Beade. Alí, Fernández-Tapias felicitou a asociación veciñal por “manter vivas e divulgar tradicións como esta, que se converten en xornadas de fraternidade, compañeirismo e bo humor” e puxo en valor a relación de Beade coa gastronomía e cos produtos autóctonos: “comezades o verán homenaxeando a cereixa, cunha festa que vos converte no Jerte vigués, e dádeslle comezo ao outono cos callos”.

Neste sentido, asegurou que “non hai ningunha dúbida de que Pontevedra é gozar, e nada mellor que facelo aquí, neste barrio con identidade propia, cheo de vida e coa mellor atalaia de Vigo. Ninguén pode perder esta Festa dos Callos”.