Marta Fernández-Tapias participa na rolda de prensa para dar a coñecer as e os gañadores de relatos do certame Vigo Histórico

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de participar no acto para dar a coñecer as e os novos gañadores do certame Vigo Histórico, na sede da Asociación Évame Oroza en Vigo. Este certame, en palabras da vicepresidenta, “acada a súa simbólica décima edición convertido en todo un referente, non só nesta provincia e en Galicia, senón tamén fóra da nosa comunidade”.

06/10/2023

Rafa Domínguez participou na presentación da nova temporada do equipo de balonmán Teucro

Fernández-Tapias felicitou a Editorial Elvira por poñer en marcha este concurso, no que participaron 200 persoas do conxunto de España, Europa e América, e tamén os gañadores, Paula Palacios e Juan Portabales, que recibirán os seus premios nunha gala a finais de novembro xunto a Gloria Fernández, Fátima González, Andrea Peiteado e Alejandro Hernández, que obtiveron os accésits do certame.

Ademais, a vicepresidenta aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da institución provincial coa cultura e destacou que “é un deber impulsar e promover as letras, os autores, os novos creadores e as súas múltiples manifestacións e entidades. A cultura referéncianos en todo o mundo”.