Nava Castro asistiu á cata maridaxe organizada por Emgrobes no Hotel Eurostars Isla de La Toja

16/11/2023

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, asistiu á cata maridaxe organizada por Emgrobes no Hotel Eurostars Isla de La Toja, no marco das Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove. A deputada deulle os parabéns á asociación porque “o produto estrela do mar do Grove merecía unhas xornadas propias, e así queda demostrado nos 21 anos de vida desta iniciativa”. Ademais, tamén asegurou que estas xornadas, que se estenden durante máis dun mes, amosan que “sobra iniciativa por parte dos hostaleiros e sobran motivos para achegarse ao Grove en calquera momento do ano”.

Nava Castro aproveitou a ocasión para lembrar que o turismo terá un 2 % máis de recursos no próximo orzamento provincial, ata os 5,6 millóns de euros, cun importante incremento “do 80 % para as axudas á organización de actividades turísticas, pasando de 100.000 a 180.000 euros”.