Nava Castro participa en Salvaterra de Miño na mesa territorializada para elaborar a futura Estratexia de turismo de Galicia 2024-2030

03/11/2023

A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de participar en Salvaterra de Miño na mesa territorializada para elaborar a futura Estratexia de turismo de Galicia 2024-2030. Este encontro, convocado polo Clúster de Turismo de Galicia, é fundamental, segundo indicou Castro, “para analizar as demandas do sector turístico, recompilar opinións, detectar necesidades, analizar os retos existentes e, en definitiva, construír o estado de situación dun sector, como é o turismo, que se converteu nun dos grandes piares económicos de Galicia”. A deputada provincial aproveitou a ocasión para explicar que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dun Plan estratéxico de turismo: “imos traballar con forza, sen descanso, para seguir impulsando e consolidando este sector e para compartir con todo o mundo que Pontevedra é gozar! Esta é a nosa vontade”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.