Nava Castro participou en Mondariz-Balneario na presentación do Día Europeo do Patrimonio Termal

06/10/2023

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, participou en Mondariz-Balneario na presentación do Día Europeo do Patrimonio Termal, que a Asociación Europea de Cidades Termais Históricas celebrará no Balneario da vila entre os próximos días 11 e 13 de outubro. Será, como asegurou a deputada, “unha oportunidade de ouro para poñer en valor non só o patrimonio termal de Mondariz-Balneario, senón o de toda a provincia, xa que non podemos esquecer que esta é unha das grandes referencias en turismo termal do conxunto do Estado”.

Ademais, a responsable de turismo confirmou que o goberno provincial vai “apostar polo turismo e impulsar o termalismo como aspecto fundamental para reforzar a imaxe de Pontevedra como destino de calidade e como elemento diferencial da nosa oferta turística”.