O deputado de Cooperación Transfronteiriza asistiu á presentación do Trail do Trega

16/11/2023

O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Roberto Carrero, asistiu hoxe á presentación do Trail do Trega, que terá lugar esta fin de semana no concello da Guarda. Unha proba organizada pola Deputación de Pontevedra, polo Concello da Guarda e por NOKO 360 que reunirá máis de 600 deportistas de Galicia e do resto de España, e que “de seguro namorará a todas as persoas participantes e que sorprende cada ano con novas incorporacións á ruta, coma o espectacular Piñeiral Castrexo”.

Carrero mostrou o compromiso da Deputación co proxecto da Pontevedra Trail League, á que pertence esta proba, e lembrou que “apostamos polo deporte para crear unha sociedade máis activa, para crear contornas activas, para fomentar a súa práctica na natureza e, en definitiva, crear hábitos saudables”.