O deputado Javier Tourís participa na conferencia de prensa para dar a coñecer as XI Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olimpics Galicia en Vilagarcía de Arousa

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, participou en Vilagarcía de Arousa na presentación das XI Marchas Ciclistas Unificadas, organizadas por Special Olympics Galicia e que celebrarán a súa cuarta e última xornada no municipio arousán o vindeiro 8 de outubro.

28/09/2023

PESENTACIÓN XI MARCHAS CICLISTAS UNIFICADAS

Tourís destacou que, ao longo dos anos, estas probas “convertéronse xa nun auténtico referente de inclusión no ámbito deportivo” e axudan a “mostrar as capacidades que teñen as persoas con discapacidade intelectual, que son moitas. Porque as diferenzas non se atopan nas persoas, senón na calidade e dispoñibilidade das oportunidades”.

Ademais, o deputado asegurou que para o Goberno provincial “o apoio a iniciativas coma esta é prioritario, porque é o noso deber poñer todo o que estea na nosa man para que todas as veciñas e veciños da provincia poidan gozar das mesmas actividades e da contorna que temos ao noso arredor”.