A Deputación destina 85.130 euros a Poio para acometer a primeira fase da senda peonil dos muíños de Samieira

Os fondos do Plan Concellos contribuirán a impulsar unha rede de camiños sostibles no concello e a estabilizar e acondicionar o cruce do rego da Freiría

04/11/2022

Presidenta

Novo impulso á ruta dos muíños de Samieira, un dos grandes reclamos turísticos e de esparexemento de Poio. A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar hoxe destinar 85.130 euros do Plan Concellos a acometer a primeira fase do proxecto dunha senda peonil dos muíños de Samieira ata a praia de Laño e o roteiro do litoral, no lugar de Covelo.

A través desta achega da Deputación de Pontevedra crearase unha nova senda peonil á beira do rego da Freiría, que conecta a actual ruta dos muíños de Sameira coa PO-308, creando unha rede de camiños sostibles e estabilizando e acondicionando á súa vez o cruce de dito rego. O proxecto inclúe a construción dunha ponte que cruzará a marxe esquerda do río, apoiada sobre estribos de mampostería granítica e aplacada con pedra lisa do país, e a construción dunhas escaleiras, con 13 pasos, para dar acceso á PO-308.

O proxecto contará tamén con 40 metros de varanda de madeira de xeito descontinuo e, ademais, tanto na ponte coma nas escaleiras haberá tramos de varandas de madeira. Ademais completarase coa instalación de sinais direccionais e informativas que empregarán novas tecnoloxías na sinalética como códigos QR que enlazarán con contidos creados sobre o espazo por onde vai transitar a senda.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.