Luis López remarca o apoio da Deputación ao premio Joven Empresario de Galicia que entrega AJE Vigo o próximo xoves

A vicepresidenta Marta Fernández-Tapias participou na reunión que tivo lugar este luns no despacho presidencial do Pazo Provincial

18/09/2023

Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo (AJE Vigo)

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mostrou o seu apoio ás actividades que organizará nas vindeiras semanas a Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo (AJE Vigo) no encontro mantido este luns no seu despacho do Pazo Provincial no que participaron Iván Suárez e Rosa Fernández, presidente e  xerente do colectivo, así como a vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Fernández-Tapias.

Durante o encontro, o dirixente provincial mostrou o apoio da Deputación ao acto de entrega dos premios Joven Empresario de Galicia que AJE Vigo ten previsto organizar o próximo xoves, 21 de setembro, na cidade olívica.

Non é a única actividade que a asociación de empresarios organizará nas próximas semanas. A Deputación de Pontevedra colaborará tamén no acto de entrega dos premios a mellores novos empresario da área metropolitana de Vigo que se concederán no mes de novembro.

O presidente Luis López, interesouse tamén nesta reunión polaa actualidade empresarial e económica da área de Vigo e polos principais proxectos que AJE Vigo ten na súa axenda.