A deputada provincial Nava Castro participa na rolda de prensa para dar a coñecer os proxectos seleccionados para IKFEM CREATIVA

17/07/2023

IKFEM CREATIVA, un espazo xurdido ao abeiro do International Keyboard Festival&Masterclass que acolle Tui cada ano dende hai máis dunha década. Castro felicitou á organización do festival polo seu traballo e compromiso e subliñou a importancia do evento polo feito de “tender pontes entre Galicia e Portugal, dúas rexións irmandadas historicamente, a través dun formato único e moi valorado no panorama cultural de ámbalas dúas beiras do Miño”. Ao respecto enxalzou as “grandes propostas artísticas dunha variedade de xéneros que abrangue dende o medieval, barroco, clásico, sinfónico ou jazz lírico ata o pop, indie, folcórico ou electrónico, chegados de diferentes puntos da península ibérica e do estranxeiro cun claro fío condutor: o teclado”.