A deputada provincial Nava Castro participou en Bueu na presentación do SonRías Baixas

01/08/2023

A deputada provincial Nava Castro participou en Bueu na presentación do SonRías Baixas, festival patrocinado pola Deputación de Pontevedra que este ano chega á súa XXª edición. Nava Castro puxo en valor os 20 anos do festival “traballando a prol da nosa cultura, o noso turismo e o impulso da nosa economía” e salientou “a suma de forzas entre sector público e privado para garantir a calidade, excelencia, recoñecemento e éxito do SonRías”. A deputada asegurou que “Pontevedra é desfrutar”, polo que animou a cidadanía a asistir aos concertos que terán lugar no Escenario Turismo Rías Baixas e a coñecer “todo o que ofrece Bueu, a súa gastronomía, a súa paisaxe natural ou o seu patrimonio industrial”.