Luis López recibiu a insignia de ouro e brillantes da Festa do Mexillón e o Berberecho

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes da Festa do Mexillón e o Berberecho cuxa 29ª edición se está a celebrar en Vilanova de Arousa.

13/08/2023

López amosou o seu agradecemento pola distinción e destacou de xeito especial o esforzo e o traballo levado a cabo na organización e preparación desta festa, convertida xa “en todo un emblema de Vilanova”.

O presidente subliñou que este festexo “amosa o mellor da vosa gastronomía e tamén é un punto de encontro da veciñanza e un polo de atracción turística de visitantes con ganas de degustar o mellor marisco”. Luis López garantiu que a institución provincial seguirá a impulsar e promover as festividades gastronómicas, “eventos nos que amosamos a calidade do noso produto e tamén o ben que sabemos facer as cousas”.

Galerias de imaxes