O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou esta mañá en Cambados na VIII Xornada da Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo

O evento celebrouse no xardín da súa sede e rendeu homenaxe ao prestixioso paisaxista Fernando Caruncho. Na súa intervención, López felicitou de xeito especial a Caruncho, destacou a súa traxectoria e a súa dedicación “a algo esencial: devolvernos á natureza”.

11/08/2023

O presidente louvou o labor do artista Manolo Paz e a súa fundación na promoción da cultura, definíndoa como ”un emblema que nos proxecta a nivel internacional como provincia vinculada á arte”. O presidente provincial amosou o espírito de colaboración con esta entidade e garantiu que o novo goberno da Deputación ten entre as súas prioridades o coidado da contorna natural e a promoción da cultura como eixos esenciais, “cunha aposta pola suma de sinerxías como forma de avanzar e construír unha provincia próspera e con futuro”.

Galerias de imaxes